top of page

PREVIA X6 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Valladolid Tierno Galván AGROCESA | Aproveitar a “baza Mourís”


Venres, 18/10/2024 · 18:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso reciben ao cadro vallisoletano este domingo 20 ás 11:45h.


O Xuvenil de División de Honra disputa este domingo 20 ás 11:45h o seu partido da sexta xornada ligueira, recibindo ao Valladolid Tierno Galván AGROCESA nun Municipal Agustín Mourís no que pretende seguir cimentando un feudo inexpugnable.


Coas súas dúas vitorias en dous choques como locais, os de Daniel Ventoso demostraron que en casa saben golear pero tamén sacar o carácter para lograr os tres puntos. Dunha ou doutra forma, continuar gañando é a meta dun cadro que, xunto ao 5 Coruña FS, se sitúa colíder con 12 puntos, nunha táboa na que se empezan a dividir zonas.


Inmerso nesa loita atópase o Valladolid Tierno Galván AGROCESA, que, 9º con 7 puntos, está en busca do seu sitio. Ata o momento, os pucelanos non foron capaces de ser todo o regulares que conleva estar arriba, alternando grandes resultados con outros menos favorables, como o empate 4-4 da pasada xornada ante o pechacancelas, Lugo Sala Acasti Reformas.


Unha oportunidade máis para seguir facéndose forte no Mourís e prolongarse entre os mellores da categoría é o que dispoñerán os de Daniel Ventoso este domingo, conscientes da importancia diso, máis tendo en conta que o terzo inicial da primeira volta xa quedou atrás e que o soño do billete á Copa de España estará moi caro.


 

Precedentes

Tratarase do primeiro cara a cara entre os dous conxuntos.

Comments


bottom of page