top of page

PREVIA X6 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Carballiño FS - Noia Portus Apostoli FS | Non saír do camiño

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 14
  • 1 min read

Updated: Nov 20

Venres, 14/11/2025 · 18:58h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Pablo Cardoso irá a polo 6 de 6 en O Carballiño (dom. 16/11, 12:00h).
Venres, 14/11/2025 · 18:58h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Pablo Cardoso irá a polo 6 de 6 en O Carballiño (dom. 16/11, 12:00h).

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS perseguirá o sexto triunfo en seis partidos este domingo 16 ás 12:00h no Municipal Paco Chao, pista do Carballiño FS.


A conta segue para o cadro de Pablo Cardoso. 15 puntos de 15 posibles para velos a todos desde arriba. Pero relaxarse non é unha opción, xa que facelo podería supoñer perder esa privilexiada posición. Ata tres conxuntos están a tiro dun partido na táboa, agardando a que os noieses fallen.


Visita a un perigoso Carballiño FS


A fondo se terán que empregar os brancos para non facelo na súa visita a O Carballiño. E é que os ourensáns, 10º con 7 puntos, demostraron neste inicio ligueiro que son capaces de poñer en apretos a calquera. Na pasada xornada, triunfo sobre O Parrulo Ferrol FS (5-8) en A Malata que debe poñer en alerta ao Portus Apostoli.



Precedentes

·18 de xaneiro de 2025 | X15 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 7-2 CAR


·25 de maio de 2025 | X30 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | CAR 2-7 NPA

Comments


bottom of page