top of page

PREVIA X5 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – 5 Coruña FS | Duelo de xuventude

4 days ago
2 min read
Sábado, 17/10/2026 · 11:23h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial recibe a outro dos equipos máis mozos da categoría (dom. 18/10, 12:45h) co terceiro triunfo seguido na mira.
Sábado, 17/10/2026 · 11:23h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial recibe a outro dos equipos máis mozos da categoría (dom. 18/10, 12:45h) co terceiro triunfo seguido na mira.

O Noia Portus Apostoli FS “B” disputa este domingo 18 ás 12:45h no Municipal Agustín Mourís o seu partido da 5ª xornada ligueira. Farao recibindo a un dos conxuntos co que presenta máis similitudes, un tamén mozo 5 Coruña FS.


O obxectivo do Filial branco non é outro que o de alargar a boa dinámica por terceira semana seguida. Tras conseguir o primeiro triunfo fronte ao bicampión Stellae Leis Pontevedra FS, os de Chipi resolveron novamente con solidez e vitoria a visita ao Racing de Mieres FS, o que os coloca 8º con 6 puntos e, alcanzando o terzo inicial da primeira volta, en disposición de mirar máis cara arriba nunha sempre apretada táboa. Todo depende de seguir sumando.


Só unha derrota no comezo do 5 Coruña FS


Por idade e posto na clasificación, o duelo deste domingo pode catalogarse de directo. Os herculinos son 4º con 7 puntos, tan só un máis que os noieses, tras completar un arranque ligueiro con dúas vitorias, un empate e unha derrota, esta última colleitada a pasada semana ante O Esteo FS (3-4). Un bo comezo na súa segunda temporada na categoría, na que os coruñeses aspiran a salvarse con menos apuros que no debut. Nas súas filas, varios ex noieses como Iván, Lukas e Gandoy.



Emisión en directo

Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Filial noiés non se emitirán en directo.


Árbitros

Adrián Figueroa e Martín Díaz.


Precedentes

·26 de outubro de 2019 | X7 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | 5CO 4-3 NPA “B”


·3 de outubro de 2021 | X3 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | 5CO 7-4 NPA “B”


·14 de febreiro de 2022 | X18 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 3-3 5CO


·2 de outubro de 2022 | X3 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 3-2 5CO


·29 de xaneiro de 2023 | X18 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | 5CO 3-1 NPA “B”


·29 de outubro de 2023 | X7 Terceira División FS – Grupo 8 2023/2024 | NPA “B” 3-0 5CO


·3 de marzo de 2024 | X22 Terceira División FS – Grupo 8 2023/2024 | 5CO 7-4 NPA “B”


·6 de decembro de 2025 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | 5CO 3-3 NPA “B”


·19 de abril de 2026 | X28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 4-5 5CO

Comments


bottom of page