CRÓNICA X4 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (MIE 1–4 NPA “B”) | Segunda vitoria e máis crecemento

Vitoria do Noia Portus Apostoli FS “B” o pasado sábado na pista do Racing de Mieres FS (1-4), prolongando así as boas sensacións e anotando o segundo ‘máis tres’ seguido.
A pesar da súa boa actuación, os noieses tiveron que agardar ata o tramo final do primeiro acto para converter as súas ocasións en goles. Fixérono Álvaro, a pase de Hugo de la Peña, e Iago López en acción de estratexia, colocando desta maneira o 0-2 no tempo de descanso.
Aguantando o empuxe
Os locais, obrigados pola lesión do seu único gardameta en convocatoria, dispuxeron o porteiro-xogador durante todo o segundo tempo. Nesta situación, aos brancos tocoulles volver a sacar a súa mellor cara competitiva. O bo facer defensivo tivo recompensa co 0-3 de Teo, nunha transición. Os asturianos reduciron distancias a cinco do asubío final, pero nada que fixera tremer a un Filial que deu último, xa con segundos no crono, grazas ao tiro de dez metros transformado por Álvaro.
Á alza na pista e na táboa, o Portus Apostoli “B” sitúase 8º con 6 puntos, a un de zona de PlayOff e con dous sobre a de descenso, nun Grupo 1 que colideran Caja Rural Atlético Benavente FS, Valladolid Tierno Galván FS e CD CompoSala con 9 unidades.
Próximo partido
Os brancos reciben ao 5 Coruña FS este domingo 18 de outubro ás 12:45h pola 5ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Racing de Mieres FS: Saúl Méndez (p), Alejandro Gómez, Samuel Cañas, Izan Solís e César Torralvo. Tamén xogaron Víctor García, César Fernández, Manel González, Alejandro Álvarez, Roberto Villa, Javier Fernández e Rubén Magadán.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Cristian (p), Cepeda, Nico Cuello (c), Iago López e Mario Fernández. Tamén xogaron Teo, César, Álvaro, André e Hugo de la Peña.
Goles: 0-1 Álvaro (18’), 0-2 Iago López (19’), 0-3 Teo (24’), 1-3 Javier Fernández (35’), 1-4 Álvaro (40’).
Os árbitros Luis Álvarez Botas y Daniel Díaz-Faes Rojo, do comité asturiano, amoestaron con tarxeta amarela nos asturianos a César Torralvo (13’), o adestrador Alejandro Álvarez (18’ e 33’), Samuel Cañas (19’), Izan Solís (33’), Saúl Méndez (36’), Alejandro Gómez (36’) e Víctor García (40’). Nos noieses, amarelas a Álvaro (19’) e Iago López (32’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 4 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Polideportivo Sur Mieres.





Comments