PREVIA X11 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – CD Valladolid Sport Sala | Erguerse na casa

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS recibirá este sábado 28 a partir das 16:30h ao CD Valladolid Sport Sala, en partido da 11ª xornada ligueira, que contará con emisión en directo por gs360play.com.
Cinco choques restan para concluír a primeira volta, un tramo final ao que os de Pablo Cardoso se presentan 5º con 20 puntos, a 6 do liderado. Unha distancia complicada de abordar, que aumentou despois da dura derrota do pasado domingo en León. Como en ocasións anteriores, os noieses buscarán recuperar a súa mellor forma no Mourís, onde, ata agora, gañaron todo o xogado, para manterse preto dos postos punteiros.
Visita do pechacancelas
O CD Valladolid Sport Sala chega a Noia nun delicado momento. Último con 3 puntos, froito da única vitoria no seu haber en dez partidos, lograda na xa afastada xornada 2. Coa salvación a tres puntos e dous terzos de campionato por xogarse, a situación dos valisoletanos aínda é máis que salvable, e intentarán dar o primeiro paso sorprendendo no Mourís.
Emisión en directo
En directo a través de gs360play.com (gratis e previo rexistro con correo electrónico).
Precedentes
·17 de novembro de 2024 | X10 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | VSS 2-4 NPA
·18 de abril de 2025 | X25 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 4-3 VSS
·14 de decembro de 2025 | X10 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 7-1 VSS
·25 de abril de 2026 | X25 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | VSS 3-9 NPA





Comments