CRÓNICA X10 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (TLS 8–3 NPA) | Unha negativa segunda parte provoca a derrota en León

Ampla derrota (8-3) do Xuvenil DH noiés na súa visita a León, onde a súa gran primeira metade quedou opacada por unha segunda negativa, na que os locais aproveitaron cada erro branco.
A táboa prevía igualdade, con ambos conxuntos 4º e 5º separados por apenas un punto. Así as cousas, os noieses, que contaban coa mínima vantaxe clasificatoria, amosáronse máis activos desde o inicio. De entre todas as súas ocasións, Mario Fernández tivo a máis clara, cun disparo que impactou nos dous paus. Á pólvora mollada uniúselle o infortunio no único tanto do primeiro acto, no que un saque de esquina desviado involuntariamente por Hugo de la Peña transformouse no 1-0 no 17’.
Do empate ao mal momento
Os de Pablo Cardoso empataron o duelo pronto na segunda metade. Kevin Fernández iniciou e resolveu unha rápida transición no 24’ para colocar o 1-1. Pero, o que parecía o comezo da reacción acabou tornando na última boa nova. Froito de distintos desacertos, os brancos encaixaron ata o 5-1 aínda no 31’. Con porteiro-xogador, Bosco fixo un dobrete, o segundo deles xa no minuto definitivo, cando os leoneses pecharon co oitavo gol o seu triunfo.
É a segunda derrota en dez partidos do Xuvenil DH do Portus Apostoli, que cae á 5ª praza con 20 puntos, a seis do liderado.
Próximo partido
O equipo noiés recibirá ao CD Valladolid Sport Sala o sábado 28 a partir das 16:30h no compromiso da 11ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Trepalio León Sala: Alejandro García (p), Iker Díaz (c), Alejandro Álvarez, Darío Fernández e Jose Romero. Tamén xogaron Jaime Iglesias, Jose Díaz, Alberto García e Diego Ugidos.
Noia Portus Apostoli FS: Mateo Castro (p), Hugo de la Peña, Pablo Costa, Cepeda (c) e Mario Fernández. Tamén xogaron Hugo Martínez, Adri Troitiño, Mamadou, Pablo Crespo, Bosco, Darío Vilariño e Kevin Fernández.
Goles: 1-0 Hugo de la Peña, en propia portería (17’), 1-1 Kevin Fernández (24’), 2-1 Alejandro Álvarez, 3-1 Alberto García (26’), 4-1 Alberto García (27’), 5-1 Alejandro García (31’), 5-2 Bosco (35’), 6-2 Jose Romero (37’), 7-2 Jose Díaz (37’), 7-3 Bosco (40’), 8-3 Darío Fernández (40’).
Os árbitros Daniel de la Torre Escribano e Adrián Rodríguez Fernández, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarxeta amarela aos noieses Cepeda (18’) e Hugo de la Peña (34’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 10 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Hispánico de León.





Comments