PREVIA X3 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Troula Betanzos FS - Noia Portus Apostoli FS | A iniciar unha xeira

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS fai a mochila dirección a Betanzos, onde se enfrontará ao Troula Betanzos FS este sábado 3 ás 17:30h pola xornada 3 da competición ligueira.
O contundente triunfo do pasado domingo fronte ao Sibuscascoche Ribeira FS, primeiro oficial deste novo grupo, supón un plus mental para os de Pablo Cardoso, aínda en fase de construción. Mentres, seguir sumando e crear unha dinámica positiva suporía un apoio como bloque e también clasificatorio, nunha fase inicial de Liga na que cada equipo está buscando o seu lugar.
O Troula Betanzos FS tamén chega con tres puntos
Desde a mesma puntuación de tres unidades o fai tamén o Troula Betanzos FS, novo equipo na categoría que comezou o periplo con triunfo (5-3) ante Carballiño FS e derrota (6-2) na cancha do IES Coruxo FS. Desta maneira, os betanceiros tratarán de facerse fortes na casa para sorprender ao vixente campión e gañar postos na táboa.
Emisión en directo
O partido emitirase en directo en tiivii.tv o sábado 3 a partir das 17:30h.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos.





Comments