PREVIA X3 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Jogafan Ordes FS | E que non haxa dous sen tres
- Departamento prensa Noia PA FS

- Oct 24
- 1 min read

O Xuvenil de División de Honra xoga este domingo 26 ás 19:30h o seu encontro da terceira xornada de Liga, no que recibirá ao Jogafan Ordes FS no Municipal Agustín Mourís.
Dous partidos, dúas vitorias e dous exercicios de fe ata o final. Ese é o historial do equipo de Pablo Cardoso despois do primeiro par de compromisos ligueiros, tras os que os noieses son un dos catro conxuntos que empezou con pleno. Dose de confianza moi necesaria para que un renovado grupo poida continuar avanzando tanto na clasificación como na construción da maquinaria colectiva sobre o parqué.
Estrea complicada para o Jogafan
En situación totalmente contraria está o Jogafan Ordes FS. Os vermellos son un dos catro equipos que aínda non sumou, e polo goal average xeral ocupan a última posición da táboa. Na súa visita ao defensor do título de campión, os ordenses buscarán dar a sorpresa para provocar un xiro nesta, a súa temporada de estrea na categoría.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de gs360play.com.
Precedentes
Primeiro enfrontamento entre ambos equipos.











Comments