Venres, 27/09/2024 · 17:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses tratarán de sumar a vitoria por terceira xornada seguida este sábado 28 ás 19:15h en La Alamedilla.
O Xuvenil de División de Honra poñerá rumbo por primeira vez na súa historia lonxe de Galicia este sábado 28, cando visitará ao FS Salamanca Ecotisa ás 19:15h no Pavillón La Alamedilla.
Os de Daniel Ventoso lograron un contundente triunfo sobre o CD Tres Columnas Relafis-Solyges, e van dos en outras tantas xornadas. Un debut espectacular na categoría, con 6 de 6 puntos posibles e conseguindo 9 goles en ambos encontros (1-9 y 9-0), resultados que o colocan no máis alto da clasificación, compartindo puntuación con 5 Coruña FS e San Cristóbal Cochinillo Tabladillo.
Continuar co historial perfecto e vendo ao resto de equipos por debaixo pasará por facer o tres de tres na súa visita ao FS Salamanca Ecotisa este sábado. Os salmantinos claudicaron na casa na primeira xornada, precisamente ante o 5 Coruña FS, e co triunfo a semana pasada na pista do Sibuscascoche Ribeira FS (1-3) suman 3 puntos sobre os que queren iniciar unha boa racha co apoio dos seus.
Novas experiencias para os rapaces do Xuvenil DH noiés, que, porén, quererán resolver co que xa pretenden converter en costume: aprendizaxe, progresión e vitorias.
Precedentes
Será o primeiro partido entre ambos conxuntos.
Comments