PREVIA X3 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Stellae Leis Pontevedra FS | A buscar a reacción ante o líder

O Noia Portus Apostoli FS “B” xogará este sábado 3 a partir das 18:00h no Municipal Agustín Mourís, recibindo ao Stellae Leis Pontevedra FS pola 3ª xornada ligueira.
O conxunto de Chipi aínda non sumou, despois de dous partidos disputados, contra o aspirante ao título Caja Rural Atlético Benavente FS e na difícil cancha do SD Xove FS. A competición non fixo máis que comezar, pero os filialistas queren quitar canto antes o 0 do seu apartado de puntos, e para iso terán que dar o do de peito en choque, o desta fin de semana, no que a esixencia non afrouxa.
O Stellae Leis Pontevedra FS xa é líder
Empatado a 6 unidades con outros tres equipos, o Stellae Leis Pontevedra FS xa ocupa a primeira praza da clasificación que logrou nos dous anteriores cursos, ao contar os seus compromisos por vitorias (2-7 na cancha de Grupo FORMA-T Vilalba FS e 7-2 ante O Esteo FS). Loitar ata o final polo ascenso a Segunda División FS, o que se lle escapou o pasado xuño ante o filial de ElPozo Murcia Costa Cálida FS, é a misión dos pontevedreses, favoritos a reeditar campionato.
Emisión en directo
Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Filial noiés non se emitirán en directo.
Árbitros
Iván Feliz e Pablo Enrique Guntín.
Precedentes
·29 de setembro de 2024 | X3 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 1-2 LEI
·25 de xaneiro de 2025 | X18 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | LEI 6-2 NPA “B”
·13 de setembro de 2025 | X1 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 1-8 LEI
·10 de xaneiro de 2026 | X16 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | LEI 6-3 NPA “B”





Comments