top of page

CRÓNICA X10 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (SAL 6-3 NPA “B”) | Caída en Salamanca

9 hours ago
2 min read
Luns, 23/11/2026 · 15:57h | Os filialistas cederon no seu encontro da xornada 10 en Salamanca.
Luns, 23/11/2026 · 15:57h | Os filialistas cederon no seu encontro da xornada 10 en Salamanca.

O Noia Portus Apostoli FS “B”, con ampla presenza xuvenil, non conseguiu sumar este sábado en Salamanca, nun choque que se complicou pronto e ao que os de Chipi no lograron darlle a volta (6-3).


Os salmantinos abriron a lata a balón parado no minuto 10 de xogo, tanto ao que respondeu no 15’ o Filial por medio de Teo, aproveitando un erro local en saída de presión. A alegría foi efímera, xa que o FS Salamanca Energía Duero volveu a sacar petróleo do balón parado para levar un electrónico de 3-1 ao descanso.


Negativa saída de vestiarios


A pouco máis dun minuto do reinicio do choque, o cadro branco encaixou outro golpe coa cuarta diana local. Máis sangue co quinto, novamente a pelota quieta. Tirando de carácter, os noieses reduciron distancias cos goles de Hugo de la Peña e Nico Cuello enfilando o tramo final do partido. Porén, non sería suficiente ante un FS Salamanca que, co sexto gol e resistindo o porteiro-xogador visitante, pechou o resultado.


Tras dez partidos disputados, o Filial sitúase 10º con 14 puntos na táboa clasificatoria, nun equilibrio sobre a zona de descenso e lonxe do PlayOff dos mesmos catro puntos.


Próximo partido


Os filialistas reciben ao Grupo FORMA-T Vilalba FS o domingo 29 ás 12:30h pola 11ª xornada ligueira.



Ficha técnica

FS Salamanca Energía Duero: Sergio Román (p), Diego Domínguez, Dalmiro Martín, Cristian Bernal e Sergio Hernández (c). Tamén xogaron Dani Montes, Pablo Barrajón, Iván González, Sergio Moreiro, Luis Alonso, Daniel Fernández, Josep Segura e Miguel López.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Cepeda, Nico Cuello (c), Teo e Iago López. Tamén xogaron Hugo Martínez, Mario Fernández, César, Pablo Crespo, Hugo de la Peña, Pablo Costa e André.


Goles: 1-0 Miguel López (10’), 1-1 Teo (15’), 2-1 Mosquera, en propia portería (16’), 3-1 Dalmiro Martín (17’), 4-1 Diego Domínguez (21’), 5-1 Luis Alonso (25’), 5-2 Hugo de la Peña (26’), 5-3 Nico Cuello (30’), 6-3 Cristian Bernal (34’).


Os árbitros Adrián Sanz Martín e Hugo San José Barroso, do comité castelán-leonés, amoestaron con tarxeta amarela nos salmantinos a Dalmiro Martín (16’), Dani Montes (18’ e 20’), Sergio Hernández (26’) e Iván González (32’). Nos noieses, amarelas ao adestrador Chipi (17’), Iago López (18’) e Hugo de la Peña (37’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 10 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Pavillón La Alamedilla de Salamanca.

Comments


bottom of page