PREVIA X30 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Redondela FS Rodavigo | O decisivo
- 4 minutes ago
- 2 min read

Non vai máis. Esta fin de semana decídese o campionato do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS na 30ª e última xornada, de horario unificado. O sábado 30 ás 16:00h, o Noia Portus Apostoli FS enfróntase no Mourís ao Redondela FS Rodavigo, coa confianza de depender de si mesmo para erguer o título por segundo curso consecutivo.
Último e decisivo episodio da pugna. As contas son sinxelas para as calculadoras noiesas e salmantinas. Unha vitoria do conxunto de Pablo Cardoso anula calquera movemento do CD Inter Sala Adarsa Mercedes, empatado na táboa a 76 puntos cos nosos e, por tanto, condenado a esperar un tropezo branco e mellorar o seu resultado. O contexto é favorable para un Portus Apostoli que, coa clasificación á fase previa do Campionato de España de Clubes Sub-19 xa debaixo do brazo, quere completar a festa xunto á súa gente celebrando un novo trofeo de campión liguero.
Outra ‘final’ ante o Redondela FS Rodavigo
Hai catro meses, os brancos lograron a clasificación á Copa de España Xuvenil FS cun triunfo en Redondela. E o destino quixo que, este sábado e de novo contra los redondeláns, o Noia se xogue outro prezado logro. O conxunto que viste de azul sitúase 8º con 44 puntos, coa única opción clasificatoria de ascender ao 7º posto, e alcanza esta xornada final en boa forma, con dúas vitorias nos dous anteriores encontros, a última fronte a O Parrulo Ferrol FS (3-2).
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.
Precedentes
·29 de outubro de 2023 | X7 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | RED 3-9 NPA
·9 de marzo de 2024 | X22 Liga Galega Xuvenil FS 2023/2024 | NPA 4-6 RED
·9 de novembro de 2024 | X9 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 8-3 RED
·6 de abril de 2025 | X24 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 20024/2025 | RED 2-10 NPA
·31 de xaneiro de 2026 | X15 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | RED 0-7 NPA





Comments