PREVIA X30 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Carballiño FS - Noia Portus Apostoli FS | O campión termina a Liga regular
- Departamento prensa Noia PA FS
- 18 minutes ago
- 1 min read

Venres, 23/05/2025 · 18:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Xa co título baixo o brazo, o equipo noiés pon fin ao campionato regular (dom. 25/05, 12:00h) en O Carballiño.
Este domingo 25 ás 12:00h, último compromiso da Liga regular para o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS. Os campións do Grupo 1 visitan ao Carballiño FS antes de afrontar o duelo da fase previa do Campionato de España Sub-19 de Clubes.
Os de Daniel Ventoso pecharon o título o pasado domingo con non só unha vitoria, senon tamén unha declaración de intencións en forma dun 7-0 e, probablemente, un dos mellores partidos do curso. Xusto no prólogo da eliminatoria a partido único correspondente á rolda previa do Campionato de España Sub-19 de Clubes, no que os brancos se medirán ao segundo do Grupo 5, posto que a falta dunha xornada ocupa o CD Málaga Ciudad Redonda FS.
Pero antes, e aínda que xa non se xoguen nada na clasificación, os noieses buscarán en O Carballiño un triunfo que lles axude a seguir afinando. Alí agarda un Carballiño FS cuxa única ambición na táboa sería auparse ao 11º lugar. Actualmente sitúanse no 12º con 32 puntos. No seu anterior envite, os carballiñeses empataron por 3-3 ante Sibuscascoche Ribeira FS.
Un partido para gozar e, tamén, seguir competindo ao máximo. Primeiro, por continuar o avance e o desenvolvemento do equipo, e segundo porque o que vén require non afrouxar o nivel en ningún momento.
Precedentes
·18 de xaneiro de 2025 | X15 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 7-2 CAR
Comments