top of page

PREVIA X30 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – ADC Lugo Sala | Peche á temporada en Outes

  • 2 hours ago
  • 2 min read
Venres, 01/05/2026 · 12:17h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas concluirán o curso recibindo no Concello de Outes ao segundo clasificado, xa só con opcións de terminar cuarto como mellor resultado (sáb. 02/05, 18:30h. TV: gs360play.com).
Venres, 01/05/2026 · 12:17h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas concluirán o curso recibindo no Concello de Outes ao segundo clasificado, xa só con opcións de terminar cuarto como mellor resultado (sáb. 02/05, 18:30h. TV: gs360play.com).

O Noia Portus Apostoli FS “B” baixa a persiana á temporada 2025/2026 este sábado 2 a partir das 18:30h, cando recibirá no Polideportivo A Serra de Outes* ao ADC Lugo Sala na última xornada ligueira.


Os noieses alcanzan o peche do campionato sen nada máis en xogo que obter a 4ª praza que, coa vitoria do O Esteo FS no único encontro adiantado da xornada, lles foi arrebatada. As dúas derrotas na casa ante 5 Coruña FS e na pista do Deporcyl Guardo FS (esta última claramente condicionada polas baixas) tiraron por terra calquera opción de pelexar ata o final polo PlayOff de ascenso. Nada que empañe a gran temporada dos de Chipi, co obxectivo competitivo cumprido desde hai varias semanas e aportando cun gran número de efectivos o Primeiro Equipo, demostrando a súa capacidade e progreso desde agosto.


*O partido disputarase no Concello de Outes ante a indispoñibilidade dos pavillóns de Noia. Desde o Noia Portus Apostoli FS, queremos agradecer ao Concello de Outes e aos seus técnicos deportivos as facilidades aportadas para poder celebrar este encontro nas súas instalacións.


Os lucenses buscan ir como segundos ao PlayOff


Precisamente, os brancos enfrontaranse ante un dos tres equipos do Grupo 1 que xogarán a promoción de ascenso. O ADC Lugo Sala é 2º con 56 puntos, posición que busca defender ante o FS Salamanca, situado só 1 unidade por detrás, para chegar cos maiores privilexios posibles ás eliminatorias. O equipo de Fermín Hidalgo asinou unha segunda volta máis sólida, que lle permitiu meterse de cheo nesa loita por regresar a unha categoría na que militaron o pasado curso 24/25.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Árbitros

Ander Orbegozo e Pablo Enrique Guntín.


Precedentes

·22 de setembro de 2018 | X2 Preferente Autonómica FS – Grupo Norte 2018/2019 | NPA “B” 2-4 LUG


·2 de febreiro de 2019 | X17 Preferente Autonómica FS – Grupo Norte 2018/2019 | LUG 4-3 NPA “B”


·5 de xuño de 2021 | Semifinal fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de ida | NPA “B” 0-2 LUG


·13 de xuño de 2021 | Semifinal fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de volta | LUG 4-1 NPA “B”


·4 de decembro de 2021 | X12 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | LUG 8-0 NPA “B”


·10 de abril de 2022 | X27 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 2-6 LUG


·21 de decembro de 2025 | X15 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | LUG 3-2 NPA “B”

Comments


bottom of page