top of page

PREVIA X2 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – CD Tres Columnas Soliges Redmediaria | A seguir o ritmo na casa


Venres, 20/09/2024 · 19:10h | Tras golear no debut en Pontevedra, os de Daniel Ventoso buscarán outros tres puntos na estrea no Mourís.


O Xuvenil de División de Honra tratará de prolongar un inicio inmellorable este domingo 22 ás 12:30h, cando recibirán ao CD Tres Columnas Soliges Redmediaria, equipo de Ciudad Rodrigo (Salamanca), no que será a estrea oficial no Municipal Agustín Mourís.


Coa amplia goleada (1-9) lograda sobre o Stellae Leis Pontevedra FS o pasado domingo, os de Daniel Ventoso colocáronse como primeiros líderes da temporada. Declaración de forza e golpe na mesa do equipo noiés, no seu primeiro partido de regreso á categoría tras varias campañas, pero nada máis aló ata o momento, con aínda 29 xornadas por diante.


Pola súa parte, o CD Tres Columnas Soliges Redmediaria acudirá ao Mourís con ánimos de deixar atrás esa primeira data, na que caeeron (3-4) no seu feudo ante o Sibuscascoche Ribeira FS.


A por tres puntos máis e, sobre todo, a seguir medrando como equipo e xogadores irán os rapaces do Xuvenil de División de Honra, con moitas ganas de deixar contenta á súa xente na estrea na casa.


Precedentes

Primeiro enfrontamento entre ambos equipos.

Comments


bottom of page