PREVIA X2 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Sibuscascoche Ribeira FS | A casa para estrear o marcador

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS disputa este domingo 27 ás 12:15h no Municipal Agustín Mourís a 2ª xornada ligueira, recibindo ao Sibuscascoche Ribeira FS.
Os brancos buscarán sumar os seus primeiros tres puntos da temporada, despois da derrota na cancha do O Parrulo Ferrol FS. A estrea ligueira foi o primeiro compromiso oficial dun grupo mozo e renovado practicamente na súa totalidade polo cambio de xeración, que co paso dos partidos irá collendo experiencia e dinámicas que traerán, seguro, a progresión como xogadores e equipo.
Un rival que chega tamén sen puntos
O Sibuscascoche Ribeira FS poñerá pé no Mourís na misma situación que o Portus Apostoli. Os lucenses cederon na xornada 1 fronte ao IES Coruxo FS (2-5), polo que tamén chegan a cero. O seu obxectivo, empezar a sumar para engadir ao bote puntos que lle permitan, canto antes e como mínimo, ter unha temporada tranquila como a pasada.
Emisión en directo
Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Xuvenil DH noiés non se emitirán en directo.
Precedentes
·12 de outubro de 2024 | X5 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | RIB 1-4 NPA
·23 de febreiro de 2025 | X20 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 2-2 RIB
·11 de xaneiro de 2026 | X12 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 10-2 RIB
·10 de maio de 2026 | X27 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | RIB 2-7 NPA





Comments