top of page

PREVIA X2 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Valladolid Tierno Galván AGROCESA - Noia Portus Apostoli FS | Primeiro desprazamento do curso

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Oct 17
  • 1 min read
Venres, 17/10/2025 · 13:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Pablo Cardoso buscará a súa segunda vitoria seguida en Valladolid (sáb. 18/10, 19:30h).
Venres, 17/10/2025 · 13:52h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Pablo Cardoso buscará a súa segunda vitoria seguida en Valladolid (sáb. 18/10, 19:30h).

Primeira viaxe da temporada para o Xuvenil de División de Honra do Noia Portus Apostoli FS. O conxunto branco visita no Municipal Lalo García ao Valladolid Tierno Galván FS este sábado 18 ás 19:30h pola segunda data ligueira.


Os de Pablo Cardoso teñen a opción de prolongar o seu positivo inicio, despois de lograr a vitoria nun disputado partido na xornada inaugural contra o CD San Cristóbal segoviano. Un exemplo do demandante que será a competición para un renovado cadro noiés que, sobre todo, busca seguir medrando como equipo.


Visita esixente


Máis do mesmo vivirán os nosos este sábado ante un duro rival e nunha cancha complicada. O Valladolid Tierno Galván AGROCESA xa fixo claudicar aos brancos a pasada campaña e quererán repetilo. Ademais, acoden á cita coa moral polas nubes tras o triunfo da primeira xornada por 1-6 na pista de O Parrulo.



Precedentes

·20 de outubro de 2024 | X6 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 4-2 VTG


·1 de marzo de 2025 | X21 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | VTG 6-4 NPA

Comments


bottom of page