top of page

PREVIA X2 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | SD Xove FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Resarcirse canto antes

Sep 25
2 min read
Venres, 25/09/2026 · 18:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi intentarán esquecer a derrota da xornada inaugural na súa visita ao Municipal de Xove (sáb. 26/09, 18:45h).
Venres, 25/09/2026 · 18:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi intentarán esquecer a derrota da xornada inaugural na súa visita ao Municipal de Xove (sáb. 26/09, 18:45h).

O Filial disputa este sábado 26 a partir das 18:45h o partido correspondente á 2ª xornada ligueira, primeira como visitante, na cancha do SD Xove FS.


Os brancos poñerán rumbo ao Municipal de Xove coa misión de conseguir un balsámico triunfo, despois de que no debut non puideran dar a súa mellor versión, caendo ante o Caja Rural Atlético Benavente FS no Mourís. Isto non fixo máis que comezar, pero sumar desde o principio é algo fundamental, como saben os filialistas, nunha categoría moi igualada e na que cada punto é ouro.


O SD Xove FS tamén quere estrearse


Ao igual que os de Chipi, o SD Xove FS encaixou a derrota na xornada inaugural do Grupo 1 da Segunda División “B” FS. Os dirixidos polo canario Álex Herrera perderon por 7-5 na cancha do O Esteo FS, na estrea dunha campaña na que os xovegos tratarán de selar canto antes a permanencia e mellorar a súa 10ª posición da 25/26.



Emisión en directo

O encontro emitirase en directo a través de tiivii.gal este sábado 26 a partir das 18:45h.



Árbitros

Olivier Cardero e Jorge Otero.


Precedentes

·17 de outubro de 2021 | X5 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 2-4 XOV


·12 de febreiro de 2022 | X20 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | XOV 12-0 NPA “B”


·17 de decembro de 2022 | X14 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 0-3 XOV


·29 de abril de 2023 | X29 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | XOV 8-2 NPA “B”


·10 de novembro de 2024 | X9 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 7-3 XOV


·8 de marzo de 2024 | X24 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | XOV 4-1 NPA “B”


·31 de outubro de 2025 | X8 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | XOV 5-6 NPA “B”


·1 de marzo de 2025 | X23 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 6-2 XOV

Comments


bottom of page