top of page

PREVIA X29 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Deporcyl Guardo FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Apurando as opcións

  • 5 days ago
  • 2 min read
Venres, 24/04/2026 · 16:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Para chegar vivo polo PlayOff á última xornada, só lle vale a vitoria aos filialistas en Palencia (sáb. 25/04, 18:30h).
Venres, 24/04/2026 · 16:26h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Para chegar vivo polo PlayOff á última xornada, só lle vale a vitoria aos filialistas en Palencia (sáb. 25/04, 18:30h).

O Filial afronta este sábado 25 ás 18:30h o seu último partido a domicilio da temporada, visitando ao Deporcyl Guardo FS na penúltima xornada ligueira.


Os de Chipi, froito da derrota a pasada fin de semana, complicáronse calquera opción de participar no PlayOff de ascenso a Segunda. Gañar en Palencia e agardar un fallo de ADC Lugo Sala (teñen 4 puntos máis) ou FS Salamanca (suman 3 máis) é o que ten que sucederse para que os filialistas cheguen á cita definitiva, na que recibirán aos lucenses, con cálculos de poder meterse entre os tres primeiros. Senon cumpren a súa parte, o soño quedará terminado para o equipo noiés, aínda que de ningunha maneira empañará unha grandísima temporada.


Un Guardo á alza


Os brancos, con certas baixas ante a chamada do Primeiro Equipo, visitan a un Deporcyl Guardo FS que é 7º con 42 puntos e cuxa derrota na anterior xornada (6-5 ante o Caja Rural Atlético Benavente FS) freou a súa xeira positiva de 7 triunfos seguidos. Unha extraordinaria dinámica que lles fixo sobresaír na pelexa pola salvación (sácanlle 5 puntos ao descenso con 6 en xogo), a cal quererán pechar definitivamente no seu último compromiso na casa da temporada



Árbitros

Luis Álvarez e Daniel Díaz-Faes, do comité asturiano.


Precedentes

·21 de setembro de 2024 | X2 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | GUA 2-11 NPA “B”


·19 de xaneiro de 2025 | X17 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 5-4 GUA


·13 de decembro de 2025 | X14 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 3-5 GUA

Comments


bottom of page