top of page

PREVIA X28 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – 5 Coruña FS | Antepenúltima data polo PlayOff

  • 7 days ago
  • 2 min read
Venres, 17/04/2026 · 18:25h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas afrontan un novo duelo clave na disputa polos postos de promoción (dom. 19/04, 12:30h. TV: gs360play.com).
Venres, 17/04/2026 · 18:25h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas afrontan un novo duelo clave na disputa polos postos de promoción (dom. 19/04, 12:30h. TV: gs360play.com).

O Noia Portus Apostoli FS “B” enfróntase este domingo 19 a partir das 12:30h ao 5 Coruña FS no Municipal Agustín Mourís, no que será outro choque decisivo na persecución da zona de PlayOff de ascenso para os brancos.


Tres xornadas quedan, tres equipos (e medio) na pugna, dous puestos por obxectivo e un punto de marxe. A batalla por participar na fase de promoción continúa ao vermello vivo. E aí segue o Filial noiés, loitando por facer historia no seu segundo curso na categoría de bronce. Os de Chipi, que recuperaron a senda do triunfo a pasada fin de semana en Vilalba, teñen prohibido fallar se se queren xogar unha das posicións no duelo directo da última xornada ante o ADC Lugo Sala.


Un opoñente en complicada situación


Se os noieses sa xogan por arriba, o 5 Coruña FS faino por abaixo. O cadro herculino ocupa actualmente postos de descenso desde a 13ª praza con 34 puntos, a dous da salvación, e nada lles sobra se queren prolongar a súa estadía nunha Segunda División “B” FS na que están facendo o seu debut. Os coruñeses chegarán a Noia nunha negativa xeira de dúas derrotas consecutivas, a última fronte ao Caja Rural Atlético Benavente FS (2-4).



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Árbitros

Adrián García e Óscar Luis Gulín.


Precedentes

·26 de outubro de 2019 | X7 Preferente Autonómica – Grupo Norte 2019/2020 | 5CO 4-3 NPA “B”


·3 de outubro de 2021 | X3 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | 5CO 7-4 NPA “B”


·14 de febreiro de 2022 | X18 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 3-3 5CO


·2 de outubro de 2022 | X3 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | NPA “B” 3-2 5CO


·29 de xaneiro de 2023 | X18 Terceira División FS – Grupo 8 2022/2023 | 5CO 3-1 NPA “B”


·29 de outubro de 2023 | X7 Terceira División FS – Grupo 8 2023/2024 | NPA “B” 3-0 5CO


·3 de marzo de 2024 | X22 Terceira División FS – Grupo 8 2023/2024 | 5CO 7-4 NPA “B”


·6 de decembro de 2025 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | 5CO 3-3 NPA “B”

Comments


bottom of page