PREVIA X27 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Sibuscascoche Ribeira FS - Noia Portus Apostoli FS | Segue o pulso
- 3 hours ago
- 2 min read

O Xuvenil DH noiés afronta este domingo 10 ás 13:00h un novo compromiso clave polo campionato do Grupo 1. Os brancos visitan ao Sibuscascoche Ribeira FS na 27ª xornada ligueira con tres puntos moi importantes en xogo.
Todos o son neste tramo final. Catro partidos restan para a conclusión da fase regular. 12 puntos para repartirse ata final de mes entre Portus Apostoli e CD Inter Sala Adarsa Mercedes, equipos que comparten a punteira con 67 unidades, tres máis que o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Prolongar a vantaxe está na man dos noieses, que teñen claro que o camiño para reclamar o título por segundo curso consecutivo pasa, en lugar de mirar que fan os seus competidores, por non fallar nos seus encontros restantes.
Á pista do Sibuscascoche Ribeira FS
O bloque de Pablo Cardoso visita a un Sibuscascoche Ribeira FS que se sitúa 10º con 36 puntos na táboa, nunha zona media que o mantén lonxe de calquera batalla relevante. Ao contrario que o seu primeiro equipo, que se clasificou ao PlayOff de ascenso a Segunda División “B” FS con varios xuvenís nas súas filas. Como último resultado, os ribeiregos cederon pola mínima (6-5) na cancha do O Parrulo Ferrol FS.
Precedentes
·12 de outubro de 2024 | X5 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | RIB 1-4 NPA
·23 de febreiro de 2025 | X20 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 2-2 RIB
·11 de xaneiro de 2026 | X12 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 10-2 RIB





Comments