PREVIA X27 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – O Parrulo Ferrol FS | Duelo clave entre primeiro e terceiro
- Departamento prensa Noia PA FS
- 3 days ago
- 1 min read

Mércores, 30/04/2025 · 15:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos queren asegurar o seu billete ao Campionato de España e achegarse ao título ligueiro no adiantado da xornada 27 (xov. 01/05, 19:30h).
Festivo de partidazo no Agustín Mourís. Este xoves 1 de maio ás 19:30h o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS, 1º clasificado, recibe ao O Parrulo Ferrol FS, 3º na táboa, coa oportunidade de facer matemática a súa presenza no Campionato de España e dar un golpe practicamente definitivo polo título.
Todo se mantivo igual na cima da clasificación a pasada xornada tras a derrota dos noieses e do seu máximo perseguidor a 4 puntos, o 5 Coruña FS. Restando 12 por repartirse e aínda a pesar de caer en Salamanca, o Portus Apostoli está a un paso positivo de concretar o primeiro obxectivo, o seu acceso ás eliminatorias.
Precisamente visítalle este xoves o equipo que máis preto está de poder rebatir esa condición. O Parrulo Ferrol FS é 3º con 51 puntos, e de lograr o triunfo no Mourís podería meter o medo no corpo ao 5 Coruña FS, que ten 57, e quen sabe se a un Noia ao que lle quedan compromisos esixentes. Os ferroláns derrotaron no seu anterior partido ao Sibuscascoche Ribeira FS por 5-1.
Moito en xogo haberá no 40x20 do fortín noiés, lugar que só viu escapar dous puntos e de cuxa fortaleza buscarán tirar os de Daniel Ventoso para dar unha estocada importante aos seus rivais.
Precedentes
·14 de decembro de 2024 | X12 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | OPA 1-4 NPA
Comments