top of page

PREVIA X27 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Grupo FORMA-T Vilalba FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Seguir soñando implica non fallar

  • 4 days ago
  • 2 min read
Venres, 10/04/2026 · 15:01h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi terán que volver a sumar de tres se queren continuar na loita polo PlayOff (sáb. 11/04, 18:00h).
Venres, 10/04/2026 · 15:01h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Chipi terán que volver a sumar de tres se queren continuar na loita polo PlayOff (sáb. 11/04, 18:00h).

O Filial noiés regresa á competición este sábado 11 ás 18:00h, visitando ao Grupo FORMA-T Vilalba FS nun duelo pola xornada 27 vital na batalla polos dous postos de PlayOff en disputa.


Os brancos foron ao parón por Semana Santa co mal sabor de boca de non poder asentarse máis nesa zona de promoción. Evitouno un FS Salamanca que levou o duelo directo no Mourís, apretando a pugna e, de paso, cortando a xeira de triunfos seguidos noiesa. A falta de catro partidos para pechar a fase regular, os de Chipi son 4º con 46º puntos, mesmos que os charros que son 3º e a un do 2º, o ADC Lugo Sala. Tres equipos nun punto xogándose dous postos. Nesas, un Portus Apostoli “B” coa tranquilidade do obxectivo cumprido e a ambición de facer historia, visita Vilalba sabendo que non pode fallar.


Os vilalbeses queren achegarse á permanencia


A igualdade desta competición provoca que equipos como o Grupo FORMA-T Vilalba FS, chamado a estar entre os mellores tras disputar o PlayOff o curso pasado, se atope neste tramo final facendo contas pola salvación. Os verdes son 10º con 37 unidades, tan só tres por enriba da zona vermella. O cadro vilalbés concluiu antes do parón unha mala xeira, logrando un importante triunfo fronte ao Caja Rural Atlético Benavente FS (2-3) ao que agora quererán dar prolongación no seu feudo.



Árbitros

Iria de Luis e Álvaro Sobral.


Precedentes

·22 de maio de 2021 | 1/4 de final fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de ida | VIL 1-5 NPA “B”


·29 de maio de 2021 | 1/4 de final fase de ascenso a Segunda División “B” FS 2020/2021 – partido de volta | NPA “B” 1-4 VIL


·18 de decembro de 2021 | X14 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | VIL 12-1 NPA “B”


·1 de maio de 2022 | X29 Terceira División FS – Grupo 8 2021/2022 | NPA “B” 0-10 VIL


·20 de decembro de 2024 | X15 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | VIL 3-5 NPA “B”


·3 de maio de 2025 | X30 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 2-3 VIL


·29 de novembro de 2025 | X12 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 1-2 VIL

Comments


bottom of page