top of page

PREVIA X27 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | CD Juventud del Círculo Católico - Noia Portus Apostoli FS “B” | A pola terceira vitoria seguida

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Apr 4
  • 2 min read

Venres, 04/04/2025 · 12:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os filialistas desprázanse a Burgos (sáb, 05/04, 18:30h) coa idea de sumar un novo triunfo.


O Noia Portus Apostoli FS “B” visita este sábado 5 ás 18:30h a cidade de Burgos. Alí enfrontarase, pola xornada 27 ligueira, ao CD Juventud del Círculo Católico no Polideportivo Círculo.


Grazas á vitoria lograda a pasada fin de semana, os de Guille Murillo, 7º con 44 puntos, volven a pisarlle os talóns ao ADAMO Xove FS, que está só dous por enriba. A 7 continúa o 5º, un FS Salamanca Dehesa Grande co que se verán as caras a vindeira xornada no Mourís, no que pode ser a última oportunidade de achegarse a eles.


Aínda que, para iso, antes os noieses terán que sumar de tres na súa cita en Burgos, ante un CD Juventud del Círculo Católico que, 13º con 19 puntos, asinou o seu descenso matemático recentemente. Deixar unha boa imaxe diante da súa xente e manterse nese posto na táboa (o Sibsucascoche Ribeira FS, co que empataron na anterior xornada, está a 1 punto) será o principal motor dos burgaleses para ir a polo triunfo.


No duelo da primeira volta produciuse un auténtico espectáculo de goles, con marcador final de 9-8 favorable ao Portus Apostoli “B”. Aínda que seguro que encaixando menos, os brancos viaxan coas ganas de obter o mesmo botín, que significaría a terceira vitoria consecutiva e a 15ª en xeral, para seguir deixando máis alto o historial do curso de debut na categoría.


 

Árbitros

Ricardo Prieto e Alfonso Gómez, do comité castelán-leonés.


Precedentes

·1 de decembro de 2024 | X12 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | NPA “B” 9-8 JUV

Kommentare


bottom of page