PREVIA X26 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – FS Salamanca | Duelo clave polo PlayOff
- 3 days ago
- 2 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” volve tras o parón este sábado 28 ás 16:30h, cando recibirá ao FS Salamanca nun choque directo polo PlayOff na xornada 26 ligueira.
A recta final xa está aquí. Cinco últimos partidos do campionato regular no Grupo 1 da Segunda División “B” FS. Nestas instancias, o equipo de Chipi chega con 5 vitorias consecutivas, dato que sobe a 7 se tratamos os 8 partidos máis recentes. Estes números valéronlles para certificar con moita antelación a permanencia, moi meritorio nun torneo tan igualado, e verse en situación de pelexar polo PlayOff de ascenso. Os noieses ocupan a última praza que dá acceso, a 3ª con 46 puntos, empatados co 2º ADC Lugo Sala e con tres de diferenza sobre o seu rival desta xornada, ao que tratarán de deixar na estocada para soñar aínda con máis forza na proeza.
Sen vitorias contra o FS Salamanca
Para iso, os brancos terán que romper as estatísticas. Nos seus tres anteriores enfrontamentos, dúas vitorias charras e un empate, o da primeira volta en La Alamedilla. Os salmantinos viñan a Noia en boa dinámica, freada na xornada previa cunha derrota na casa (3-4) contra o CD River Zamora FS que lles fixo perder unha corda que intentarán recuperar no Mourís.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.
Árbitros
Ander Orbegozo e Daniel Dacal.
Precedentes
·6 de decembro de 2024 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | SAL 4-3 NPA “B”
·13 de abril de 2025 | X28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 0-6 SAL
·22 de novembro de 2025 | X11 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | SAL 5-5 NPA “B”





Comments