PREVIA X25 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | CD Valladolid Sport Sala - Noia Portus Apostoli FS | Importante desprazamento a Pucela
- 5 days ago
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS desprázase este sábado 25 ás 17:00h ao Pavillón Victorine Le Dieu pucelano, onde se verá as caras co CD Valladolid Sport Sala pola 25ª data ligueira.
O conxunto noiés afronta unha nova xornada importante na batalla polo máis alto da competición. Só a diferenza de goles lle dá vantaxe no empate a 61 puntos co CD Inter Sala Adarsa Mercedes. E no retrovisor, con 58 e un partido menos, agarda o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Un contexto de igualdade no que, a falta de 6 partidos para terminar a Liga e co título e os postos de Campionato de España de Clubes Sub-19 en disputa, cada punto é vital.
Un rival que se fai forte na casa
Os brancos visitan a un CD Valladolid Sport Sala que, especialmente nesta segunda volta, saca moito rédito dos seus partidos como local. Tres vitorias e unha derrota, axustada ante o cadro segoviano, contemplan ao equipo valisoletano nas súas credenciais máis recentes na casa. O seu último precedente, caída por 5-3 ante O Parrulo fóra da casa, onde son máis irregulares. Na táboa, preséntanse en terra de nadie, 9º con 35 puntos.
Precedentes
·17 de novembro de 2024 | X10 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | VSS 2-4 NPA
·18 de abril de 2025 | X25 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 4-3 VSS
·14 de decembro de 2025 | X10 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 7-1 VSS





Comments