PREVIA X25 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Valladolid Sport Sala | De volta á Liga
- Departamento prensa Noia PA FS
- Apr 17
- 1 min read

Xoves, 17/04/2025 · 15:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos regresan á competición doméstica (ven. 18/04, 18:00h) coa misión de preservar a súa vantaxe no liderado.
A Copa de España Xuvenil FS xa é historia, e o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS volve a reunir todos os seus esforzos no campionato ligueiro. A primeira cita no obxectivo de manterse con 4 puntos de diferenza no máis alto da táboa chega este venres 18 ás 18:00h, recibindo ao perigoso Valladolid Sport Sala no Mourís.
Os de Daniel Ventoso demostraron en Murcia que, tras a mala dinámica de febreiro e inicios de marzo, regresaron ao seu mellor nivel. Tres vitorias seguidas reforzan o repunte de sensacións, o que, unido ás oportunas dúas derrotas do 5 Coruña FS, provocaron que os noieses volveran a unha primeira praza que xa non queren soltar de novo.
Seis oposicións lle quedan por diante aos brancos, empezando polo Valladolid Sport Sala. Os últimos cinco resultados delatan que o cadro pucelano chega a esta xornada 25 como un dos dous máis en forma. 13 puntos de 15 posibles para os valisoletanos, 6º con 46 pero que, de lograr a vitoria en Noia, poderían asaltar o terceiro lugar.
Os noieses probaron la crème de la crème e queren repetir o antes posible. Iso significa Campionato de España, e para chegar a el nas mellores condicións posibles só cabe seguir progresando como equipo e sumando máis puntos ao saco.
Precedentes
·17 de novembro de 2024 | X10 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | VSS 2-4 NPA
Comments