top of page

PREVIA X24 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – FS Salamanca AGROCESA | De novo na casa

  • 2 days ago
  • 2 min read
Xoves, 16/04/2026 · 15:21h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso repiten na Vila, recibindo aos charros (ven. 17/04, 21:30h. TV: gs360play.com) no Mourís.
Xoves, 16/04/2026 · 15:21h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso repiten na Vila, recibindo aos charros (ven. 17/04, 21:30h. TV: gs360play.com) no Mourís.

O Xuvenil DH branco xogará, por segunda semana consecutiva, na casa. Os noieses reciben ao FS Salamanca AGROCESA Crianza Ibérica este venres 17 a partir das 21:30h no Municipal Agustín Mourís.


A igualdade na zona alta da táboa debuxa un escenario de máxima emoción ata final de curso. Os de Pablo Cardoso lideran con 58 puntos, os mesmos que o CD Inter Sala Adarsa Mercedes, aínda que o goal average particular favorable fai a diferenza. E a un rebufo de só tres puntos cun partido menos, agarda o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Por tanto, tres equipos en pugna polo título e os dous postos que dan acceso á fase previa do Campionato de España Sub-19 de Clubes. A falta de 7 partidos, a iniciativa é branca. E para que iso continúe así, fallar non é unha opción.


Un rival en dinámica negativa


O FS Salamanca AGROCESA Crianza Ibérica poñerá pé en Noia como 11º clasificado con 31 puntos, lonxe de ambas zonas influíntes da táboa e nunha mala xeira de resultados. Un empate e tres derrotas nos seus últimos catro compromisos, sendo o último a ampla goleada recibida ante o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo, un 1-7 que foi o mesmo marcador co que os noieses superaron aos salmantinos no duelo da primeira volta.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Precedentes

·28 de setembro de 2024 | X3 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | SAL 4-1 NPA


·8 de febreiro de 2025 | X18 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 5-2 SAL


·6 de decembro de 2025 | X9 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | SAL 1-7 NPA

Comments


bottom of page