top of page

PREVIA X23 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – ED Vigo 2015 FS | A realzar o voo na casa


Venres, 14/03/2025 · 19:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Tras dúas saídas seguidas, os de Daniel Ventoso volven ao Mourís (dom. 16/03, 17:30h) coa meta de frear a xeira adversa.


Dunha nova oportunidade para recobrar sensacións e volver á senda da vitoria gozará o Xuvenil DH del Noia Portus Apostoli FS. Esta vez, despois de dúas xornadas seguidas a domicilio, farao como local, recibindo este domingo 16 ás 17:30h ao ED Vigo 2015 FS pola 23ª data ligueira.


A dura derrota in extremis en Benavente prolongou a serie a catro partidos seguidos sen gañar, con tres derrotas pola mínima e un empate, terminando de evaporar a vantaxe que os noieses tiñan nunha primeira praza que agora ocupa o 5 Coruña FS con dous puntos de renda. Para seguir cercando un primeiro posto que daría privilexios de cara ao Campionato de España e evitar o axexo dun O Parrulo terceiro a catro unidades, os de Daniel Ventoso precisan volver a probar canto antes o sabor do triunfo.


Enfronte, os noieses terán a un ED Vigo 2015 FS que atravesa aínda peor dinámica. Son seis derrotas consecutivas as que sumen aos vigueses na penúltima praza con 15 puntos, iso si, con dous partidos pendentes. Por tanto, os laranxas tamén poñerán pé no Mourís buscando saír da súa propio fochanca, que tivo o seu último episodio hai dous semanas caendo por 10-0 contra o 5 Coruña FS.


Son catro semanas de reveses que deben terminar xa. Niso está centrado un Xuvenil DH que, co apoio da súa xente e a seguridade de xogar na súa pista, quere recuperar a confianza e os tres puntos.


 

Precedentes

·2 de novembro de 2024 | X8 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | VIG 3-6 NPA

Comentários


bottom of page