top of page

PREVIA X23 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – O Parrulo Ferrol FS | A reaccionar no Alonso

  • 4 days ago
  • 2 min read
Venres, 10/04/2026 · 15:12h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso queren regresar á senda da vitoria nesta puntual mudanza (dom. 12/04, 12:30h. TV: gs360play.com).
Venres, 10/04/2026 · 15:12h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso queren regresar á senda da vitoria nesta puntual mudanza (dom. 12/04, 12:30h. TV: gs360play.com).

A Liga volve para o Xuvenil DH do Portus Apostoli na casa, aínda que unha distinta. Os noieses recibirán no Pavillón Alonso Rodríguez ao O Parrulo Ferrol FS o domingo 12 ás 12:30h pola 23ª xornada.


A derrota previa ao parón de Semana Santa en León volve a colocar a dous equipos no liderado. Tanto os brancos como o CD Inter Sala Adarsa Mercedes contan con 55 puntos, aínda que o goal average particular dá primacía aos primeiros. A oito partidos para concluír a temporada, a pelexa polo campionato deste Grupo 1 presúmese espectacular. Para cumprir con iso, os de Pablo Cardoso saben que é obrigatorio volver a gañar e deixar atrás as dúas últimas caídas seguidas, contando tamén a da Copa de España Xuvenil FS.


Un O Parrulo afastado pero perigoso


Diante terán os noieses a un rival ao que lle saca case 20 unidades, pero sobre o que non cabe ningunha relaxación. O Parrulo Ferrol FS é, seguindo resultados, un dos equipos máis en forma da competición. Acumula tres vitorias seguidas, sendo a última a lograda contra o FS Salamanca AGROCESA (8-5), e tras a que se sitúan 5º con 38 puntos, aínda lonxe dun 4º posto que ansían alcanzar.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Precedentes

·14 de decembro de 2024 | X12 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | PAR 1-4 NPA


·1 de maio de 2025 | X27 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 2-2 PAR


·30 de novembro de 2025 | X8 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | PAR 3-6 NPA

Comments


bottom of page