
Venres, 28/02/2025 · 17:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Arroupados no seu feudo, os filialistas buscarán sumar tres importantes puntos (dom. 02/03, 13:00h).
As dúas derrotas seguidas chaman á reacción para un Noia Portus Apostoli FS “B” que recibirá no Mourís este domingo 2 ás 13:00h ao CD San Cristóbal Núñez Automoción segoviano pola 23ª xornada ligueira.
Co soño do PlayOff practicamente descartado e vendo a zona de descenso ben lonxe polo retrovisor, os filialistas teñen por diante unha recta final de curso na que, salvo sorpresa, só se xogarán o rematar o seu curso de debut na Segunda División “B” FS no mellor posto posible. Os dous ceros consecutivos, ante rivais de altura como Piensos Durán Albense FS e Caja Rural Atlético Benavente FS, provocaron a caída ao 7º posto con 35 puntos, pero con opcións aínda de alcanzar un 5º que se sitúa con 42, en poder do FS Salamanca Dehesa Grande.
O mesmo pensa o opoñente dos de Guille Murillo. Con só 1 punto e 1 lugar menos que os noieses, o CD San Cristóbal Núñez Automoción chega a Noia coa ambición de meterse de cheo nesa pelexa, aínda que tamén cunha xeira de dúas derrotas en fío, a última contra o Sibuscascoche Ribeira FS (2-5).
No enfrontamento da primeira volta, os segovianos impuxeron claramente a súa localía. Agora, o Filial quere facer o propio, apelando á súa fortaleza no Mourís de cara a continuar presentando candidatura a lograr o novo obxectivo clasificatorio.
Precedentes
·2 de novembro de 2024 | X8 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | CRI 6-1 NPA “B”
Comments