PREVIA X22 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Trepalio León Sala – Noia Portus Apostoli FS | Volta á Liga
- 1 hour ago
- 1 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS retoma as tarefas ligueiras o domingo 29 ás 13:15h, coa visita ao Municipal Hispánico do Trepalio León Sala pola 22ª data do calendario.
A Copa de España Xuvenil FS volveu a servir como gran experiencia aos noieses, que superaron a barreira dos cuartos e, por detalles, non lograron a súa clasificación á final. Pero iso, aínda que beneficioso a todos os niveis, xa é pasado para os de Pablo Cardoso. A exigua diferenza de tres puntos no máis alto da táboa sobre o CD Inter Sala Adarsa Mercedes -55 ante 52- require máxima atención en cada partido, e o desta fin de semana, co recordo da primeira vuelta, quizais un paso máis.
Ante o único visitante que foi capaz de gañar no Mourís
E é que os brancos visitarán ao único conxunto que, ata a data, sabe o que é arrebatarlle os tres puntos no seu feudo. Corría o mes de novembro cando o Trepalio León Sala ‘deu a sorpresa’, nun partido no que se adiantou con folgura e, despois, soubo conter a reacción noiesa. Os leoneses alcanzan agora esta cita nunha cómoda 7ª posición con 34 puntos, en terra de ninguén, e tras caer (6-3) na súa visita ao O Parrulo Ferrol FS.
Precedentes
·21 de novembro de 2025 | X7 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 4-5 TLS





Comments