top of page

PREVIA X22 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS - Noia Portus Apostoli FS | Outra oportunidade para reaccionar


Venres, 07/03/2025 · 12:15h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses desprázanse por segunda semana seguida (sáb. 08/03, 17:00h), esta vez a un Municipal La Rosaleda onde queren regresar á senda do trunfo.


Non hai máis marxe de erro para o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS, que visita este sábado 8 ás 17:00h o Municipal La Rosaleda de Benavente coa meta en pechar a mala xeira de tres partidos seguidos sen gañar e o segundo clasificado pisándolle os talóns a un só punto.


A derrota en Valladolid da pasada fin de semana alargou unha fochanca (un empate e dous perdidos nos últimos tres choques) que fixo ceder practicamente toda a vantaxe aos brancos. De 9 a 1 punto de diferenza sobre el 5 Coruña FS, que ameaza o primeiro posto que ocupan os noieses desde a xornada 5 e en solitario desde a 10.


En terras benaventanas atoparanse os de Daniel Ventoso a un Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS que é pechacancelas con 14 puntos, pero cara os que albergan cero relaxacións. Primeiro, porque hai dúas semanas xa lles empatou un Sibuscascoche Ribeira FS en situación similar; e segundo, porque no duelo do Mourís os zamoranos xa crearon dificultades, chegando a adiantarse no marcador.


Ante a adversidade e un contexto quizais inagardado a estas alturas, ao Xuvenil DH do Portus Apostoli tócalle apretar os dentes e sacar carácter para volver a achegarse á súa mellor versión. Só así poderán levar de Benavente tres importantes puntos que lle permitan rachar esta inercia negativa e seguir medrando como xogadores e colectivo.


 

Precedentes

·27 de outubro de 2024 | X7 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | NPA 6-4 ATB

Comments


bottom of page