top of page

PREVIA X22 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Caja Rural Atlético Benavente FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | A pola sorpresa en La Rosaleda


Venres, 21/02/2025 · 18:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Guille Murillo visitan a pista dun dos colíderes e aspirantes ao ascenso (sáb. 22/02, 19:00h).


O Noia Portus Apostoli FS “B” afronta na xornada 22 ligueira unha dura saída á pista dun dos colíderes, o Caja Rural Atlético Benavente FS, este sábado 22 ás 19:00h.


Os brancos viron cortada a súa gran xeira como locais a pasada fin de semana, tras caer ante o Piensos Durán Albense FS. Un resultado do que saen, a efectos clasificatorios, en terra de ninguén, polo lonxe do PlayOff (11 puntos) e o colchón coa zona de descenso.


Iso si, os filialistas non perden a ambición por competir e manterse o máis arriba posible. E nesas, poucas citas que motiven máis que a de esta xornada, na cancha do colíder Caja Rural Atlético Benavente FS. Os zamoranos, 1º con 50 puntos (os mesmos que Stellae Leis Pontevedra FS), presumen de pegada e triunfos, sobre todo no seu feudo, onde apenas se lle escaparon tres puntos, e pugnan por chegar o mellor posible a un PlayOff que os podería devolver á categoría de prata.


Non é o opoñente indicado para intentar volver á senda da vitoria, pero o Portus Apostoli “B” poñerao todo da súa parte para tratar de dar a sorpresa no Municipal La Rosaleda benaventano.


 

Precedentes

·27 de outubro de 2024 | X7 Segunda División “B” FS – Grupo I 2024/2025 | NPA “B” 1-4 ATB

Comments


bottom of page