top of page

PREVIA X21 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Valladolid Tierno Galván AGROCESA - Noia Portus Apostoli FS | Que non se alargue máis


Venres, 28/02/2025 · 17:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso visitan Pucela (sáb. 01/03, 19:30h) coa pretensión de volver á senda da vitoria entre cella e cella.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS toma estrada esta fin de semana para enfrontarse no Municipal Lalo García valisoletano ao Valladolid Tierno Galván AGROCESA este sábado 1 de marzo ás 19:30h pola 21ª xornada ligueira.


Unha meta clara teñen os dirixidos por Daniel Ventoso, que é a de regresar ás vitorias tras dous partidos nos que as cousas non saíron como querían, con 1 derrota e 1 empate, este último o colleitado a pasada semana ante Sibuscascoche Ribeira FS. Resultados que disminuíron a renda no liderado, e por detrás apreta o 5 Coruña, situado agora a 4 puntos.


Iso si, a tarefa estará lonxe de ser sinxela. E é que os noieses visitan ao 5º clasificado con 35 puntos (con 1 partido máis que os nosos), un Valladolid Tierno Galván AGROCESA que pugna por continuar ascendendo postos na táboa. Os valisoletanos xa demostraron no encontro da primeira volta en Noia que non se renden facilmente, e, na casa, tentarán volver a dar conta diso.


Dúas xornadas seguidas sen gañar son moitas para un grupo que enlazou 14 triunfos consecutivos. A fame por continuar medrando como equipo e xogadores levará aos brancos a competir con máis ganas e forza en terreo pucelano por regresar a esa desexada boa dinámica.


 

Precedentes

·20 de outubro de 2024 | X6 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | NPA 4-2 VTG

Comments


bottom of page