top of page

PREVIA X21 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Carballiño FS | A chegar líderes á Copa

  • 3 hours ago
  • 2 min read
Xoves, 12/03/2026 · 16:49h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso disputan o seu último partido (ven. 13/03, 21:30h. TV: gs360play.com) previo á cita copeira en Granada.
Xoves, 12/03/2026 · 16:49h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso disputan o seu último partido (ven. 13/03, 21:30h. TV: gs360play.com) previo á cita copeira en Granada.

A xornada 21 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS ábrese no Agustín Mourís. O Noia Portus Apostoli FS recibe o venres 13 a partir das 21:30h ao Carballiño FS, no último compromiso dos noieses antes da Copa de España Xuvenil FS.


O equipo de Pablo Cardoso ten clara a importancia de lograr os tres puntos esta fin de semana. En primeiro lugar, por continuar firmes no liderado dunha competición que encara o seu terzo final; e, segundo, para poñer pé a terra en Granada coas mellores sensacións posibles, esas que o sábado pasado non se deron en Lugo, a pesar da vitoria, e serán vitais de cara a soñar coa historia na cita de citas.


Un rival que quere fuxir da zona baixa


Por segunda xornada consecutiva, os brancos enfrontaranse a un opoñente en dificultades clasificatorias. O Carballiño FS marca a salvación desde o seu 13º posto con 13 puntos, cinco de diferenza coa zona de descenso. Os carballiñeses tratarán de dar a sorpresa no Mourís para lograr un importante botín, agora que todos os equipos da parte baixa da táboa apretarán ao máximo. No seu anterior partido, non puideron sumar fronte a O Parrulo Ferrol FS (2-7).



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Precedentes

·18 de xaneiro de 2025 | X15 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 7-2 CAR


·25 de maio de 2025 | X30 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | CAR 2-7 NPA


·16 de novembro de 2025 | X6 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | CAR 3-6 NPA

Comments


bottom of page