top of page

PREVIA X20 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | ADC Lugo Sala Acasti Reformas - Noia Portus Apostoli FS | A solidificar o liderado en Lugo

  • 3 hours ago
  • 2 min read
Sábado, 07/03/2026 · 11:33h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos viaxan á cidade amurallada (sáb. 07/03, 20:00h) coa meta de seguir asentando o liderado en solitario recentemente conseguido.
Sábado, 07/03/2026 · 11:33h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos viaxan á cidade amurallada (sáb. 07/03, 20:00h) coa meta de seguir asentando o liderado en solitario recentemente conseguido.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS desprázase esta fin de semana a Lugo, onde se enfrontará ao ADC Lugo Sala Acasti Reformas o sábado 7 ás 20:00h no Municipal dos Deportes lucense.


O equipo branco alcanza este duelo coa dose de moral do triunfo ante o CD Inter Sala Adarsa Mercedes aínda recente. Os de Pablo Cardoso son, desde ese momento, líderes en solitario con 49 puntos, tres sobre os salmantinos e o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Unha condición que queren preservar en pos de loitar polo título ata o final e, coa Copa de España Xuvenil FS a dúas semanas vista, chegar á cita de citas no mellor momento posible.


Recta final para escapar do descenso en Lugo


O ADC Lugo Sala Acasti Reformas é un dos cadros que pugna por evitar o descenso. Actualmente, os da cidade amurallada son 14º con 8 puntos, a cinco da salvación, e buscan unha vitoria que os revitalice e rompa unha xeira de cinco xornadas sen gañar, resolvéndose o seu último compromiso cun empate (3-3) na pista do O Parrulo Ferrol FS.



Precedentes

·21 de decembro de 2024 | X13 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 4-0 LUG


·11 de maio de 2025 | X28 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | LUG 0–5 NPA


·9 de novembro de 2025 | X5 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 7-1 LUG

Comments


bottom of page