top of page

PREVIA X1 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | O Parrulo Ferrol FS – Noia Portus Apostoli FS | Arranca unha nova era

6 minutes ago
2 min read
Sábado, 19/09/2026 · 18:44h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O renovado conxunto Xuvenil DH comeza a súa andadaina en Ferrol (dom. 20/09, 13:00h).
Sábado, 19/09/2026 · 18:44h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O renovado conxunto Xuvenil DH comeza a súa andadaina en Ferrol (dom. 20/09, 13:00h).

Este domingo 20 ás 13:00h no Municipal A Malata de Ferrol comeza unha nova temporada e unha nova era para o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS. Os brancos, cun plantel case totalmente novedoso, arrancan ante O Parrulo a súa terceira campaña seguida na máxima categoría e, ademais, a defensa do bicampionato.


Os éxitos da anterior xeración, da que varios dos protagonistas xa deixan pegada no Filial e no Primeiro Equipo, dan paso a unha nova fornada de mozos xogadores con fame de medrar no individual e escalar o máximo posible clasificatoriamente no grupal. Formar e competir, os obxectivos como sempre para os de Pablo Cardoso, que cumpre a súa segunda temporada á fronte do equipo. Na pretemporada as sensacións foron boas. E agora chega o bonito, que seguro desfrutarán equipo e afección.


O Parrulo, sempre na terna


Os noieses empezan este camiño visitando a un O Parrulo Ferrol FS que, por tradición e entidade, está sempre chamado a estar entre os primeiros da táboa. Hai dous cursos pelexaron o título cos nosos e a pasada finalizaron 5º. Existe un precedente amigable desta pretemporada, favorable aos ferroláns por 6-3.



Declaracións previas


Emisión en directo

Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos do Xuvenil DH noiés non se emitirán en directo.


Precedentes

·14 de decembro de 2024 | X12 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | PAR 1-4 NPA


·1 de maio de 2025 | X27 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 2-2 PAR


·30 de novembro de 2025 | X8 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | PAR 3-6 NPA


·12 de abril de 2026 | X23 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 8-0 PAR

Comments


bottom of page