PREVIA X1 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Caja Rural Atlético Benavente FS | A temporada empeza con partidazo na casa!

O Noia Portus Apostoli FS “B” dá a benvida á temporada 2026/2027 esta fin de semana. O conxunto filial dará inicio ao seu terceiro concurso consecutivo na Segunda División “B” FS recibindo ao Caja Rural Atlético Benavente FS este sábado 19 a partir das 18:00h no Municipal Agustín Mourís.
Unha vez concluída unha pretemporada de menos a máis, os brancos afrontan plenos de ilusión unha nova campaña na categoría de bronce, co mesmo obxectivo individual de seguir formándose de cara a reforzar ao Primeiro Equipo e o grupal da permanencia. Será a segunda baixo as rendas de José Carlos Martín, ‘Chipi’, que, máis aló de sumar xogadores que ascenden desde o Xuvenil DH, contará cun plantel moi similar ao dunha 25/26 na que o Filial causou sensación e foi unha das revelacións. Agora, neste novo inicio, as ganas de seguir dando pasos adiante continúan aí, empezando por este sábado.
No debut, ante un dos ‘galos’
E para empezar, un bo óso. Os noieses terán na fronte no parqué do Mourís a un dos equipos chamados a loitar polo campionato, o Caja Rural Atlético Benavente FS. Os branquiazuis, agora dirixidos polo adestrador Óscar García Poveda e tras a retirada do eterno pivote Charlie, buscan recuperarse dun anterior curso complicado e volver a facer soñar á súa afección co ascenso a unha Segunda División FS que pisaron entre a 20/21 e a 22/23, chegando a xogar unha final de PlayOff de ascenso a Primeira.
Declaracións previas
Emisión en directo
Esta temporada, salvo posibles excepcións, os partidos como local do Filial noiés non se emitirán en directo.
Árbitros
Álvaro Sobral e Ander Orbegozo.
Precedentes
·27 de outubro de 2024 | X7 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 1-4 ATB
·22 de febreiro de 2025 | X22 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | ATB 8-5 NPA “B”
·14 de novembro de 2025 | X10 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | ATB 4-6 NPA “B”
·15 de marzo de 2026 | X25 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA “B” 2-0 ATB





Comments