top of page

PREVIA X19 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – CD Inter Sala Adarsa Mercedes | Cara a cara polo liderado

  • 18 hours ago
  • 2 min read
Venres, 27/02/2026 · 11:28h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os dous colíderes enfróntanse no Mourís co primeiro posto en xogo (sáb. 28/02, 17:00h. TV: gs360play.com).
Venres, 27/02/2026 · 11:28h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os dous colíderes enfróntanse no Mourís co primeiro posto en xogo (sáb. 28/02, 17:00h. TV: gs360play.com).

Un duelo de líderes agarda este sábado 28 a partir das 17:00h no Municipal Agustín Mourís. O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS e o CD Inter Sala Adarsa Mercedes, empatados no máis alto con 46 unidades, enfróntanse coa punta de lanza do Grupo 1 en xogo.


Desde a xornada 4 ata o remate da 16, os brancos ocuparon o primeiro posto, permitíndolles isto acceder á Copa de España Xuvenil FS. En todo ese período no que os de Pablo Cardoso non foron líderes ou o compartiron con alguén, aí estaba o CD Inter Sala Adarsa Mercedes. Un tira e afrouxa constante probablemente continuo ata final de curso, ao que os noieses queren poñer tres puntos de diferenza e confirmar así o seu bo momento apoiándose no seu feudo, onde só cederon una vez.


O CD Inter Sala Adarsa Mercedes, cun balance case calcado


Os mesmos puntos, as mesmas vitorias, os mesmos empates e as mesmas derrotas. Tras 18 xornadas, só os goles desfán o empate entre noieses e salmantinos, favorecendo a estes últimos, con 2 máis a favor e 18 menos en contra. O CD Inter Sala Adarsa Mercedes, ao igual que os brancos, gañáronse a pulso a súa posición a través da súa calidade e bo facer como equipo. Así as cousas, serán os pequenos detalles os que seguramente decanten o enfrontamento do sábado. No seu anterior compromiso, os charros levaron o gato á auga fronte ao O Parrulo Ferrol FS (5-3).



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Precedentes

·30 de novembro de 2024 | X11 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 5-1 INT


·27 de abril de 2025 | X26 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | INT 4-2 NPA


·2 de novembro de 2025 | X4 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | INT 3-5 NPA

Comments


bottom of page