
Venres, 14/02/2025 · 19:20h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso buscan afianzarse no seu primeiro posto na visita ao segundo (sáb. 15/02, 17:00h).
O Pavillón Novo Mesoiro de A Coruña acolle este sábado 15 ás 17:00h o que, polo menos según o que di a clasificación, é o mellor partido que se pode ver no Grupo I da Xuvenil División de Honra FS. 2º contra 1º, 5 Coruña FS contra Noia Portus Apostoli FS, un duelo que pode dar máis vida á zona alta ou desmarcar maiores rendas.
O segundo é o que pretenden realizar os de Daniel Ventoso nesta 19ª xornada ligueira. Colocar 12 puntos de diferenza con menos da metade de curso por diante supoñería un gran paso na meta competitiva de meterse no Campionato de España como primeiros, xa co billete á Copa de España baixo o brazo.
Pola súa parte, o 5 Coruña FS (que, ao igual que os nosos, ten pendente o seu partido da xornada 16) enfróntase á que pode ser última oportunidade de alcanzar aos brancos. Ademais, unha vitoria faríalle poñer terra de por medio cun O Parrulo Ferrol FS que lle pisa os talóns na terceira praza. No seu último partido, os coruñeses superaron ao Sibuscascoche Ribeira FS por 0-4.
Choque de moita importancia clasificatoria e, obviamente, de futuro. O que lles sobra a dous dos mellores planteis do campionato nesta idade e que, ao 100%, darán un gran espectáculo de fútbol sala formativo cos obxectivos de competición na mente, no caso dos noieses deixar medio amarrada a primeira praza.
Precedentes
·6 de outubro de 2024 | X4 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | NPA 3-2 5CO
Comments