top of page

PREVIA X18 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Jogafan Ordes FS - Noia Portus Apostoli FS | Visita ao pechacancelas

  • 5 days ago
  • 1 min read
Venres, 20/02/2026 · 22:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso enfróntanse (sáb. 21/02, 17:30h) ao último clasificado coa meta de lograr unha nova vitoria.
Venres, 20/02/2026 · 22:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso enfróntanse (sáb. 21/02, 17:30h) ao último clasificado coa meta de lograr unha nova vitoria.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS visita este sábado 21 ás 17:30h o Municipal Castelao II de Ordes, onde se verá as caras co Jogafan Ordes FS pola 18ª data ligueira.


O conxunto dirixido por Pablo Cardoso regresou o pasado sábado á punta da clasificación. Iso si, empatado a 43 unidades co CD Inter Sala Adarsa Mercedes, cadro ao que se medirá na seguinte xornada. Para poder disputarse o liderado en solitario cos salmantinos, primeiro os brancos terán que facer cumprir os prognósticos e superar ao pechacancelas da táboa.


Un Jogafan buscando razóns para crer


O Jogafan Ordes FS é o último no Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, sumando tan só 3 puntos, froito dunha vitoria o pasado mes de novembro. 10 unidades son o que lles separa da salvación, unha renda non insalvable, pero si complicada de recurtar á que tratarán de quitarlle pasos contra os noieses. No duelo da primeira volta xa lles complicaron as cousas, cun marcador final de 6-5.



Precedentes

·26 de outubro de 2025 | X7 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 6-5 ORD

Comments


bottom of page