top of page

PREVIA X17 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | CD Tres Columnas Soliges Redmediaria - Noia Portus Apostoli FS | Agora si, a pola segunda volta


Venres, 31/01/2025 · 13:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso visitan Ciudad Rodrigo (dom. 02/02, 13:00h) nun duelo de contrastes clasificatorios.


Despois de que a alerta provocada pola borrasca Herminia lle impedira xogar ante o Stellae Leis Pontevedra FS, o Xuvenil DH dará inicio de facto á segunda volta ligueira visitando, este domingo 2 de febreiro ás 13:00h, ao CD Tres Columnas Soliges Redmediaria.


Longa viaxe para os noieses con destino ao Municipal Conde de Foxá de Ciudad Rodrigo, onde intentarán continuar avanzando na súa aprendizaxe e formación, ademais de prolongar a espectacular primeira volta a nivel de resultados, que os ten líderes da categoría con 42 puntos.


Para iso terán que superar a un CD Tres Columnas Soliges Redmediaria que ocupa a 16ª e última praza da táboa con 10 puntos. Como pechacancelas, os salmantinos teñen a urxencia de sumar para escalar postos, e buscarán recurrir á súa pista para dar a sorpresa. No seu anterior partido cederon por 5-2 contra Sibuscascoche Ribeira FS.


Novo reto para o Xuvenil DH noiés, que non se poderá deixar levar pola diferenza clasificatoria se quere seguir progresando e empezar a segunda volta con bo pé.


 

Precedentes

·21 de setembro de 2024 | J2 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | NPA 9-0 COL

Comments


bottom of page