top of page

PREVIA X16 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo - Noia Portus Apostoli FS | A segunda volta empeza forte

  • Feb 6
  • 2 min read
Venres, 06/02/2026 · 16:56h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos inician a segunda metade de curso visitando (dom. 08/02, 12:30h) ao cuarto da táboa clasificatoria.
Venres, 06/02/2026 · 16:56h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos inician a segunda metade de curso visitando (dom. 08/02, 12:30h) ao cuarto da táboa clasificatoria.

O Xuvenil DH pon fin á festa pola clasificación á Copa para comezar a segunda volta ligueira. Os de Pablo Cardoso visitan ao CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo, un dos seus perseguidores, este domingo 8 ás 12:30h no Municipal San Cristóbal segoviano.


A competición non dá tregua. Atrás quedan esas primeiras 15 xornadas que permitiron aos brancos retornar á gran cita copeira, e, sen moito tempo para desfrutalo, xa arrancan as 15 que decidirán o campión do Grupo 1. Os noieses demostráronse que, ao igual que o curso pasado, poden pelexar por erguer o título mentres continúan aprendendo e mellorando como xogadores e colectivo, e a por iso irán.


San Cristóbal, inicio do ‘Tourmalet’


O deste domingo non é un rival calquera. O CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo ocupa a 4ª praza con 36 puntos, apenas a 4 dos 40 que marcan os noieses no liderado. Ademais, será o primeiro dos tres perseguidores aos que se enfrontarán os brancos nas vindeiras catro xornadas, xa que a continuación virán os actuais 3º e 2º clasificado. Os segovianos, que tan só cederon 5 puntos na casa, superaron por 5-1 ao O Parrulo Ferrol FS no seu anterior partido. No enfrontamento que abriu a Liga para ambos en outubro, o Portus Apostoli prevaleceu por un apretado 5-4.



Precedentes

·11 de xaneiro de 2025 | X14 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | CRI 5-6 NPA


·18 de maio de 2025 | X29 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 7-0 CRI


·12 de outubro de 2025 | X1 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 5-4 CRI

Comments


bottom of page