top of page

PREVIA X15 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Carballiño FS | Peche a unha histórica primeira volta na casa


Venres, 17/01/2025 · 16:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso reciben aos carballiñeses (sáb. 18/01, 18:00h) no último encontro da metad inicial de curso.


O Xuvenil de División de Honra conclúe a primeira volta do campionato ligueiro esta fin de semana, recibindo no Agustín Mourís ao Carballiño FS este sábado 18 ás 18:00h.


A falta de disputar esta 15ª xornada, o Xuvenil noiés completou unha metade inicial de curso que raia na matrícula de honra. Salvo unha derrota, os de Daniel Ventoso sacaron os tres puntos do resto de partidos, solidificando un liderado total na táboa con 9 puntos de diferenza e logrando unha histórica clasificación á Copa de España, que se xogará do 11 ao 13 de abril con sede por confirmar.


Os de Daniel Ventoso intentarán poñerle un broche á altura na visita do Carballiño FS, 7º con 22 puntos, nunha zona tranquila da clasificación, pero non apta para despistes. Os carballiñeses chegarán a Noia coa moral reforzada polo triunfo ante o Sibuscascoche Ribeira FS (4-2).


Tras o partido, os noieses poderán realizar un balance definitivo desta primeira volta. Aínda que, máis aló do resultado que se dea, claro está que quedará para a lembranza e colocará unha altísima vara de cara a unha segunda na que intentarán non baixar o pé do acelerador na persecución de novos soños.


 

Precedentes

Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.

Comentarios


bottom of page