PREVIA X14 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – CFS Finura de Ibérico La Bañeza | A por un paso que pode ser decisivo
- Departamento prensa Noia PA FS

- 6 days ago
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS recibe mañá sábado 24 a partir das 16:30h ao CFS Finura de Ibérico La Bañeza, nun moi relevante penúltimo partido da primeira volta coa Copa de España Xuvenil FS como foco de atención.
Dous encontros, un na casa e outro fóra, para definir o desexado primeiro posto que dá acceso á cita das citas na categoría Xuvenil. Antes de que rode o balón nestas dúas vindeiras fins de semana, os noieses manteñen 1 punto de renda sobre o CD Inter Sala Adarsa Mercedes e 3 co CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Esta vantaxe permite que os brancos podan selar a súa clasificación xa nesta 14ª xornada, sempre e cando gañen e ambos perseguidores non o fagan. Aínda que, sexa como sexa o resultado nos outros pavillóns, os de Pablo Cardoso saben que, ao depender de si mesmos, todo pasa por eles.
Visita Noia un debutante en problemas
O CFS Finura de Ibérico La Bañeza loita por metas totalmente opostas aos noieses. Se ben o 2025 acabou para os leoneses abandonando a posición de pechacancelas con dúas vitorias consecutivas, o inicio de 2026 freou esa reacción, con dúas derrotas en sendos encontros. Así as cousas, sitúanse marcando postos de descenso no 14º lugar, empatado a 7 puntos co seguinte conxunto na táboa.
Emisión en directo
O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.











Comments