PREVIA X14 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Noia Portus Apostoli FS “B” – Deporcyl Guardo FS | A saír da fochanca de resultados
- Departamento prensa Noia PA FS

- Dec 12, 2025
- 1 min read

O Noia Portus Apostoli FS “B” buscará regresar á senda do triunfo este sábado 13 ás 18:30h, coa visita ao Municipal Agustín Mourís do Deporcyl Guardo FS pola 14ª xornada ligueira.
Tan só un segundo separou al Filial de conseguir unha vitoria de moito mérito en A Coruña. Un segundo que alargou a serie de partidos seguidos sen gañar a tres, relevando aos noieses da 2ª á 5ª praza dunha moi apretada zona alta da táboa. Os de Chipi non se excusan nas numerosísimas baixas sufridas desde practicamente principio de temporada e salirán a por todas no seu feudo cos tres puntos entre cella e cella.
O Deporcyl Guardo FS, en proceso de despegue
Co partido da xornada 12 pendente de disputa, o Deporcyl Guardo FS chega ao penúltimo do ano 13º con 15 puntos, en postos de descenso. O certo é que esa suspensión, xunto á derrota da pasada semana ante o Caja Rural Atlético Benavente FS, detiveron a progresión dun equipo que entre a xornada 7 e a 11 sumara 11 de 15 puntos posibles e quererá volver a despegar no Mourís.
Árbitros
Adrián Figueroa e Manuel Castro.
Precedentes
·21 de setembro de 2024 | X2 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | GUA 2-11 NPA “B”
·19 de xaneiro de 2025 | X17 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 5-4 GUA











Comments