Venres, 10/01/2025 · 16:00h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés buscará reeditar o golpe de efecto do curso pasado na visita do bicampión de Europa e do Mundo (sáb. 11/01, 19:00h, FEF TV).
O Noia Portus Apostoli FS só pensa en lograr a desexada primeira vitoria ligueira. Pouco importa que o que visite o Mourís sexa o Illes Balears Palma Futsal, bicampión de Europa e do Mundo, nunha 14ª xornada con horario unificado este sábado 11 ás 19:00h, porque as necesidades clasificatorias dos noieses pesan máis que calquera talle do rival.
Será o segundo compromiso da semana para o Portus Apostoli, que tras pechar de maneira cruel o capítulo da Copa do Rei FS o pasado martes, céntrase no obxectivo prioritario da salvación en Primeira, mirando de esguello á semifinal de Copa Galicia xa con horario confirmado. 16º con 3 puntos, os brancos teñen a 5 a Tudelano Ribera Navarra FS e Wanapix Sala 10, empatados a 8 unidades na 14ª e 15ª praza, respectivamente, cos que urxe comezar a reducir distancias.
O Illes Balears Palma Futsal é o 6º de 8 equipos que a campaña pasada xogaron PlayOff en visitar o Mourís na primeira volta. Nada máis e nada menos que o bicampión de Europa e do Mundo, os de Antonio Vadillo presentan unha temporada máis un plantel para loitar por todo -ao que engadiron este xaneiro a Charuto, unha das estrelas do fútbol sala brasileiro-, tanto a nivel nacional como continental, onde se presentarán en maio na Final Four da UEFA Futsal Champions League por tercer curso consecutivo. Os baleares, clasificados 4º con 24 puntos, chegan a Noia tras, antes de superar a Industrias en Copa do Rei (3-4), empatar 4-4 contra Movistar Inter, e están a un pasiño de confirmar a súa presenza noutra Copa de España. Ata con cinco ex noieses se podería plantar o cadro palmesano en Galicia: Henrique, Machado, Marcelo, Neguinho e Bruno Gomes, sendo este último con 9 dianas o máximo realizador do equipo.
Sobre o papel, todo pinta en contra para os intereses do Noia Portus Apostoli FS. Igual que no último duelo entre estes dous conxuntos, no que os brancos se xogaban a vida nunha situación tamén adversa. Aquel día comezou a remontada cara a permanencia que se celebrou no Mourís unhas semanas máis tarde. Repetir ese contexto, ese espírito, e, sobre todo, ese resultado non será nada sinxelo. Pero a ilusión, a ambición, o Carácter e o Sentimento dun equipo e unha afección ansiosos por erguerse dunha vez por todas e celebrar xuntos o que tanto merecen estarán aí desde o minuto 1.
Declaracións previas
Entradas
Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís a partir das 17:30h. Toda a información sobre a venda de entradas, AQUÍ.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través da plataforma de pago FEF TV, por web e app, este sábado 11 a partir das 19:00h.
Árbitros
Rubén Ferrero Carballal e Sergio Sánchez Llorente, do comité cántabro. Balance con Ferrero Carballal de 2 derrotas; con Sánchez Llorente, 4 derrotas.
Precedentes
·19 de novembro de 2022 | J9 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 2-2 IBP
·21 de febreiro de 2023 | 1/4 de final Copa do Rei FS 2022/2023 | IBP 4-2 NPA
·25 de marzo de 2023 | J24 Primeira División FS 2022/2023 | IBP 5-1 NPA
·24 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División FS 2022/2023 - 1/4 de final – Partido 1 | IBP 8-2 NPA
·27 de maio de 2023 | PlayOff Primeira División FS 2022/2023 – 1/4 de final – Partido 2 | NPA 3-4 IBP (AET)
·11 de novembro de 2023 | J10 Primeira División FS 2023/2024 | IBP 2-1 NPA
·31 de marzo de 2024 | J25 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 6-1 IBP
ความคิดเห็น