top of page

Horarios das xornadas 11, 12, 13, 14 e 15 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal

3 minutes ago
2 min read
Mércores, 14/10/2026 · 17:04h | Desveladas datas e horas do apartado final do Apertura, cunha emisión por Teledeporte.
Mércores, 14/10/2026 · 17:04h | Desveladas datas e horas do apartado final do Apertura, cunha emisión por Teledeporte.

A RFEF deu a coñecer os horarios para as xornadas 11, 12, 13, 14 e 15 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal. É dicir, o mes de decembro (no que tamén se xogará o aprazado contra o Barça) e tramo final do Apertura, no que as cámaras de Teledeporte emitirán, a espera de saber os designados nas dúas últimas xornadas, nunha ocasión aos noieses.


Será no primeiro desta serie de choques, o da xornada 11. A visita do Quesos El Hidalgo Manzanares FS ao Mourís, o sábado 5 ás 13:00h, poderase seguir en directo pola canle temática da televisión pública. A continuación, os brancos afrontarán a súa única saída lonxe de Galicia do mes, o domingo 13 ás 16:30h na cancha do Catgas Energía Santa Coloma pola xornada 12. Na 13, os de David Palmas recibirán ao Córdoba Patrimonio de la Humanidad o sábado 19 ás 17:00h. Tras recuperar o martes 22 ás 20:45h o aprazado da xornada 4 contra o Barça, curta viaxe a Ferrol para enfrontarse ao O Parrulo Ferrol FS o domingo 27 ás 18:00h, na 14ª e penúltima xornada do Apertura, en horario unificado. A 15ª e definitiva tamén será de carrusel, e nela o Portus Apostoli xogará na casa ante o Wanapix o mércores 30 ás 20:30h, como colofón ao ano 2026, ao Torneo Apertura e a un frenético decembro.


O Club anunciará no seu momento o lanzamento da venda de entradas, dispoñibles tanto no Local Social (rúa Carcasía, 7. Noia) como na plataforma online noiafs.compralaentrada.com/eventos, para os encontros que se disputarán en Noia.


Todos os partidos do Noia Portus Apostoli FS na Liga Prime Futsal poderanse ver a través de DAZN, tanto na modalidade de subscripción ‘Premium’ como na ‘Fútbol’.



Comments


bottom of page