
Luns, 06/01/2025 · 13:00h · Imaxen (de arquivo): Foto Pichero
Xa están á venda as entradas para o partido da xornada 14 do campionato de Liga de Primeira División Fútbol Sala, que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS co Illes Balears Palma Futsal o vindeiro sábado 11 de xaneiro ás 19:00h no Municipal Agustín Mourís.
PREZO E CONDICIÓNS DAS ENTRADAS
ABONADOS
GRATIS. Non teñen que mercar entrada, soamente deben presentar o seu carnet de abonado/a na porta de acceso ao Municipal Agustín Mourís.
NON ABONADOS
XERAL (+16 ANOS): 20€
MOZO (-16 ANOS): 10€
Nenos/as da Escola Deportiva do Club que non sexan abonados/as: 5€ de desconto.
COMO E ONDE MERCO A MIÑA ENTRADA?
·As entradas están á venda na plataforma online do Club noiafs.compralaentrada.com/eventos.
·Tamén podes facerte coa túa entrada no Local Social do Club (Rúa Carcasía, 7), do martes 7 ao venres 10 en horario de 12:00h a 13:00h.
·Por último, e se quedaran entradas dispoñibles, o mesmo día do partido poñeríanse á venda as restantes na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís en torno a 1 hora e media antes do inicio do partido.
Comments